miércoles, 1 de marzo de 2017

Benvidos

Somos o colexio Manuel Murguía , que está en Feáns un barrio de A Coruña. Este é o segundo ano que estamos en Voz Natura e por fin decidímonos a facer un blogue dende onde estar informados de todas as actividades que facemos.
O Proxecto de Voz Natura está intimamente ligado con outro no cal xa levamos tres anos e que é o de convertirnos nunha ecoescola.  As ecoescolas é un  programa  da ADEAC (Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor)  que é unha asociación sen ánimo de lucro, cofundadora no ano 1982 da Fee, xunto con outras Organizacións Non Gobernamentais de cinco países europeos, constituíndo a súa rama nacional en España e responsable do desenvolvemento dos seus programas.
As Ecoescolas colaboran cos seus municipios e as demais Ecoescolas na aplicación da Axenda 21, en especial, en temas como Auga, Enerxía ou Residuos, e outros como, Biodiversidade, Consumo responsable e Comercio Xusto. O Programa Ecoescuelas conta xa cuns 38.000 centros participantes en 49 países, dos 5 continentes, 450 deles en España.
Seguiremos informando do traballo realizado ata o momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario